Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marful seducirá ao público redondelán este sábado nun concerto na Praza da Casa da Torre

RR_Noticias

Para a súa cantante, Ugia Pedreira, trátase dunha actuación especial polos seus vínculos con Redondela, xa que foi a voz do grupo local Chouteira. Será tamén unha das últimas ocasións para que o público poida gozar da música deste grupo ao vivo, xa que este ano despídense dos escenarios por tempo indefinido.

Presentarán o seu último traballo, Manuel de sedución, no que o cinema é o pano de fondo. Pasadobres, swings, mambos, valses ou xotas mistúranse para achegar ao público ritmos procedentes de todo o mundo, desde Brasil, ate Italia, pasando por Cuba. Con todo, Marful tamén bebe da música tradicional galega, que tamén está presente no seu traballo. Pero a súa música é “ecléctica”, e non se pode encadrar en ningún xénero. Trátase dunha mestura que vai do feminino ao masculino, do doce ao máis rompedor, e do tranquilo ao irreverente. Como explica Pedreira, é o resultado do que son os seus compoñentes, catro músicos que compoñen como senten e como viven, na actualidade da súa xeración dos “trinta e tantos”. A praza da Casa da Torre acollerá este concerto o sábado, día 16, ás 22.30 horas, dentro da programación cultural do Concello de Redondela. Unha das últimas ocasións para ver a esta formación que revolucionou o panorama musical galego e gozar dos seus ritmos bailables americanos e europeos: tangos, habaneras, fox, xotas, pasodobres ou twist, con letras persoais e rompedoras. Marful son Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinete baixo). O concerto é de entrada libre e gratuíta.  

Ugia Pedreira cantante
Pedreira ten un vínculo especial con Redondela xa que formou parte da agrupación local Chouteira.
Música universal
A música de Marful bebe de distintas fontes e reflexa a visión actual dos seus catro compoñentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará