Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 200 rapaces participarán no Gran Premio Concello de Redondela de Ciclismo

RR_Noticias

A proba celébrase mañá venres nun circuíto urbano de 1,2 quilómetros que discorre polas rúas Ernestina Otero e Alfonso XXII. A carreira, organizada pola Escola de Ciclismo de Redondela, comezará ás 16.00 horas, e obrigará a cortar ao tráfico nas rúas do centro da vila desde o seu inicio ata as 19.30, hora prevista para o remate.

Marcos Serrano, director deportivo do equipo, sinala que “é un circuíto urbano no que tamén se pretendeu achegar o ciclismo ao público para que todos poidan participar desta festa deportiva”. A proba está destinada ás categorías de escolas, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. Será valedoira para o Trofeo Federación Galega de Ciclismo e a de Redondela será a última carreira das catro que se disputan esta tempada. Serrano recoñece que a proba ciclista vai xerar “algunhas molestias” aos veciños, polos cortes de tráfico, pero entende que terán a súa recompensa, xa que Redondela volverá estar “no mapa do ciclismo galego”, acollendo unha proba de gran vistosidade a nivel autonómico. A saída farase desde o Campo da Feira pola rúa Ernestina Otero ata a rotonda do viaduto para regresar por Alfonso XII, Ribeira e Xeral Rubín ata o punto de saída. Os xuvenís terán que dar trinta voltas ao circuíto, os cadetes vinte, e no resto de categorías adaptarase en función das idades dos participantes. O concelleiro de Deportes, Jesús Crespo, salienta tamén que esta cita deportiva suporá a chegada a Redondela de máis de 200 ciclistas clubs de toda Galicia e Portugal, polo que será tamén un bo escaparate para dar a coñecer os atractivos turísticos do municipio.  

Marcos Serrano director deportivo
A proba situará a Redondela no mapa do ciclismo galego.
Jesús Crespo edil de Deportes
Máis de 200 ciclistas de Galicia e Portugal estarán mañá en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará