Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aproba medidas de apoio ós afectados pola ampliación da AP-9 en Chapela

RR_Noticias

A corporación aprobou por unanimidade unha moción presentada polo grupo socialista coa que se intenta defender os intereses de todos os veciños afectados polas obras de ampliación da autoestrada. Tamén se solicita a permanencia do CEIP Igrexa e unha serie de medidas compensatorias.

O texto foi discutido pola corporación municipal o pasado xoves e, finalmente, saíu aprobado por unanimidade. O acordo da moción recolle instar ao Goberno central a crear unha comisión de seguimento na que participen non só os responsables políticos e empresas concesionarias, senón tamén técnicos municipais, os grupos políticos presentes no Concello de Redondela e representantes da cidadanía afectada. Tamén solicitan a Fomento que manteña a liña de edificación actual, que na maior parte da franxa edificatoria está situada a oito metros. Outra das demandas é un paso elevado para eliminar o paso a nivel do lugar de Cabanas, que está situado debaixo da ponte de Rande, xa que na actualidade os veciños teñen que circular por enriba das vías. O acordo contempla tamén que se inclúa dentro do conxunto de actuacións da ampliación da AP-9 a construción dun novo centro escolar que substitúa o CEIP A Igrexa, que actualmente está afectado por este proxecto. Deste xeito, o Ministerio debe incluír o orzamento necesario para esta actuación especificando as partidas e a orixe das mesmas. Tamén debe definir a nova ubicación do centro escolar. O voceiro socialista Eduardo Reguera indicou que confían en que o Ministerio de Fomento “atenda estas demandas que son moi necesarias para os veciños de Chapela e de todo o municipio”. Dende a agrupación socialista “entendemos que solicitar estas medidas era algo necesario “porque o goberno central está actuación con especial escurantismo neste proxecto”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará