Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reduce en 113 os desempregados en xullo, co que a cifra de parados queda en 2.640

RR_Noticias

Os últimos datos do paro deixan ao Concello de Redondela por baixo dos 2.700 desempregados, cun total de 2.640 persoas inscritas nos servizos públicos de emprego. Dende o departamento de Desenvolvemento Local do Concello teñen en marcha unha serie de iniciativas para a busca de emprego, como o segundo Obradoiro de Emprego e o IV plan de Emprego nos que contan cunha subvención de case 300.000 euros para desenvolver estes programas.

Un total de 60 traballadores e traballadoras do concello en situación de desemprego formarán parte do cuarto plan de emprego. Este Programa Integrado para o Emprego (PER IV) suporá unha oportunidade para mellorar a súa empregabilidade e acadar a inserción laboral. Esta iniciativa conta cun orzamento total de 144.000 euros, sendo subvencionada en 123.840 euros pola Consellería de Traballo e Benestar, e cunha achega municipal de 20.160 euros. O programa está enfocado a traballar con colectivos especiais pola súa dificultade á hora de conseguir un posto de traballo. Os perfís dos usuarios cos que se traballará serán mulleres, menores de 30 anos, e desempregados de longa duración. Entre as accións que se pretenden desenvolver coas persoas participantes no programa estarán a creación dun itinerario integral de inserción combinando accións de información, orientación, asesoramento, formación, convenios de prácticas con empresa e a xestión de ofertas de emprego. No anterior plan de emprego (PER III), que rematará en outono, firmáronse un total de 8 convenios de prácticas con empresas como Bricoking, Aki, Decathlon, Kiabi, Puerto Vieira e Ganain. Para os vindeiros meses está previsto seguir realizando novos convenios de prácticas, e actualmente estanse a negociar outros dous acordos con compromiso de contratación para os postos de Deseñador gráfico e Almacén, e outro para os postos de Técnico de informática e Administración. Desde o departamento levan contactado con 163 empresas e o número de ofertas xestionadas ascendeu a 64.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará