Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados pola AP-9 elevan a 42 as vivendas que a ampliación da vía obrigará a derrubar

RR_Noticias

Os planos dos que dispoñen non son definitivos pero segundo os seus cálculos as obras de ampliación da autoestrada A-9 ao seu paso por Rande e Chapela levarase por diante un total de 42 casas e quedarán afectadas 422, é dicir, todas aquelas que quedan e menos de 100 metros a cada un dos lados da vía. A asociación exporá no Multiusos do Piñeiral os planos da obra facilitados polo Concello.

As persoas interesadas en coñecer a situación na que quedan as súas propiedades poderán achegarse ao Multiusos da parroquia a partir de mañá e consultar a documentación que obra en poder da Asociación de Afectados pola ampliación da AP-9. Uns planos que malia todo entenden non son os definitivos motivo polo que anuncian a posta en marcha dun calendario de mobilizacións se dende Fomento non se facilitan toda a información solicitada. Nese sentido reuniranse mañá martes co alcalde, Javier Bas. O colectivo insiste en que cos datos dos que dispoñen a día de hoxe os afectados no tramo Rande-Chapela serán moitos máis dos previstos inicialmente con 42 casas derrubadas e 422 vivendas afectadas “que quedarán na liña de afección o que supón que os seus propietarios sufrirán unha perda de valor patrimonial en torno ao 50%”.  

César Domínguez Asociación de Afectados
As afeccións serán moito maiores do anunciado
Consultar a información
Está exposta no Multiusos do Piñeiral en Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará