Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición na Carreira da Ostra que se celebra en Soutomaior o 27 de xullo

RR_Noticias

Unha proba de atletismo que serve tamén para promover o Concello e o seu maior atractivo gastronómico: a ostra. A competición desenvolverase o domingo 27 ás 12:30 horas sobre un percorrido accesibles de tan só 5.000 metros, polo que o obxectivo é buscar o máximo número de participantes.

Os interesados en participar na primeira edición desta proba deben anotarse na web championchipnorte.com e o prezo da inscrición é de 5 euros. O mércores 23 é a data límite para anotarse.
O alcalde de Soutomaior Agustín Reguera apuntou que se trata dunha nova aposta por potenciar o deporte entre os habitantes do concello e comarca cunha distancia para todo tipo de xente, dende os que se toman o atletismo como unha diversión ata os que se dedican a este deporte con maior regularidade”.
Toda a información da proba pode seguirse a través da páxina de Facebook “Carreira da Ostra” e o Twitter @carreiradaostra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará