Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 850 atletas de todas as idades participan na VII Carreira Popular de Redondela

RR_Noticias

Unha vez pechado o prazo de inscrición a organización conseguiu superar o número de participantes do ano pasado. O domingo, día 29, tomarán a saída nesta proba 544 corredores na categoría absoluta e 307 nenos de todas as idades. As carreiras comezarán ás 10.00 horas, cos alevíns, e a categoría absoluta sairá ás 11.00 horas desde a Casa do Concello cun percorrido de 6,4 quilómetros.

A Carreira Popular de Redondela está a consolidarse como unha das máis atractivas da bisbarra. Trátase dunha proba de 6,4 quilómetros de percorrido, moi accesible para o todo o público, o que a fai perfecta “para aqueles que queiran iniciarse”. O presidente do club de atletismo CAR, organizador da proba, salienta ademais que este domingo tomarán a saída moitos dos atletas galegos que formaron parte na xeración de ouro deste deporte, como Alejandro Gómez, Carlos Adán, os irmáns De la Torre, Julio Rey e Estela Estévez. Poder contar con eles para esta cita é “un orgullo” para o club redondelán, xa que como explica Francisco Otero, marcaron “unha época de ouro” no atletismo galego. A proba ten tamén un carácter solidario, xa que parte da recadación doarase á Asociación de Axuda ó Enfermo Mental Lenda, que colabora na organización da carreira. Serán tamén os usuarios de Lenda os encargados de elaborar os premios que se outorgan aos gañadores, con trofeos elaborados artesanalmente. Ademais da proba absoluta, para maiores de 16 anos, realizaranse tamén probas para os máis pequenos, con distancias que van desde os 50 ata os 1.500 metros en función da idade dos nenos. As carreiras comezarán ás 10.00 horas, cos alevíns, e a categoría absoluta sairá ás 11.00 horas desde a Casa do Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará