Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e Cesantes comezan a Liga Galega de Traiñeiras en Cangas

RR_Noticias

A tempada comeza mañá sábado nun novo campo de regatas fronte a Rodeirade con 17 equipos na categoría masculina e tres na feminina, tanto na LGT-A como na LGT-B. Redondela ten representación nas dúas categorías, na A co Club de Remo de Chapela, e na B co Club de Remo de Cesantes.

Para a regata inaugural da LGT optouse por unha contrarreloxo, na que as traiñeiras sairán unha detrás doutra cunha diferenza dun minuto. Este ano na División A da liga competirán, xunto cos redondeláns: Samertolaméu -que defende o título conquistado en 2013-, Amegrove, A Cabana, Pobra, Vilaxoán, Mugardos e Ares. Na División B remarán, xunto con Cesantes, Vila de Cangas, Bueu, Rianxo, Cabo B, Esteirana, Mecos, Perillo e Coruxo. A competición feminina estará composta polas traiñeiras de Samertolaméu, Tirán e Cabo de Cruz. As probas comezarán ás 17.30 horas coa saída da Liga Feminina. Ás 17.50 arrancará a proba da LGT-B e ás 18.25 horas a LGT-A. Ao longo do calendario, que se prolonga ata o 24 de agosto, celebraranse dúas regatas en Redondela. Na LGT-A será a II Bandeira Chapela-Concello de Redondela, en Arealonga, o 20 de xullo. Unha semana máis tarde, o día 26 de xullo, disputarase na liga B a XXVII Bandeira Concello de Redondela, en Cesantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará