Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita información sobre a modificación do proxecto do centro comercial de Canabal

RR_Noticias

Acusan ao goberno local de practicar “a desinformación e o ocultismo” nun tema de vital importancia que ao seu entender afectará negativamente ao pequeno comercio. Por este motivo veñen de solicitar a convocatoria urxente da comisión de urbanismo para que dea información ao respecto así como unha xuntanza coa directiva da Asociación de Empresarios.

O Grupo Municipal do BNG de Redondela pide que a  Concellería de Urbanismo informe das modificacións do proxecto  presentadas pola empresa Unión Comercial de Redondela para o Centro Comercial Canabal-Vilavella. Explican que se trata dun tema “de vital importancia que afectará negativamente ao pequeno comercio pondo en perigo moitos postos de traballo no sector”.
Explican ademais que dado que son os grupos políticos os que finalmente decidirán nun pleno “é imprescindible que non só os empresarios senón tamén que as formacións  políticas que integran a corporación estean perfectamente informados das modificacións propostas pola empresa” e acusan ao PP de  “practicar a desinformación e o ocultismo cos grupos da oposición en proxectos de tanta transcendencia coma este” mentres se “fartan de dicir que sempre buscan o maior consenso.
Os nacionalistas ademais de solicitar a convocatoria urxente da comisión de urbanismo para que se dea información da modificación do proxecto para o Centro Comercial Canabal-Vilavella solicitaron unha xuntanza coa directiva da Asociación de Empresarios para tratar este tema.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará