Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova imaxe para a Capela do Carme de Cesantes

RR_Noticias

A Escola de canteiros inicio una mañá de hoxe a instalación dun conxunto escultórico da Virxe do Carme na praia da Punta. A imaxe esculpida mide 2,70 metros de alto, 1,20 metros de ancho e 70 centímetros de fondo e pasará a formar dun todo coa capela xa exsitente no lugar.

A Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra comezou esta mañá os traballos para a instalación dun conxunto escultórico relacionado coa Virxe do Carme na Praia de Cesantes. Nesta primeira fase procederase á colocación dos elementos que complementan a imaxe da Virxe e que inclúen a base e un muro cunha lenda gravada composto por 6 planchas de granito silvestre que forman un conxunto de 3,20 metros de alto por 2,90 metros de ancho e 0,25 m de fondo.
Unha vez instaladas estas pezas, procederase á colocación da escultura central da composición, unha Virxe do Carme en granito silvestre, cunha dimensións de 2,70 metros de alto por 1,20 m. de ancho e 0,70 m. de fondo.
Á composición incorporarase tamén a imaxe do Carme elaborada en madeira xa existente na zona. Ambas as imaxes quedarán situadas unha a cada lado do muro da capela do Carme.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará