Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O instituto Mendiño e o colexio de Porto Cabeiro, galardoados cos premios Jules Verne

RR_Noticias

Un traballo en torno a “Cesantes e o mar” elaborado polo alumnado do instituto Mendiño foi merecedor do primeiro premio dotado con 600 euros na categoría de investigación en lingua galega. Tamén 600 euros recibirán os alumnos responsables do traballo “Electróns” realizado por rapaces e rapazas do Colexio Porto Cabeiro.

Uns galardóns concedidos pola Concellería de Ensino quen por primeira vez convocou este ano o Premio de Ensino Jules Verne, co que dende a administración local se pretende dar unha nova voz a poboación de estudantes para que expresen a través dos seus traballos o seu inxenio e traballo imaxinativo. A convocatoria contén duas liñas de traballo, o premio para o traballo de ciencias, e o premio para o traballo de innovación na lingua galega e ao concruso podían presentar os seus traballos todos os alumnos do ensino público do noso concello de 6º de primaria ou calquera curso da ESO.  

Lola Míguez Instituto Mendiño
O mar como parte do concello
Colexio Porto Cabeiro
A súa proposta centrouse no campo científico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará