O Círculo Cultural e deportivo de Cesantes organiza esta tarde noite unha xornada na que ademais do lume non faltará a gastronomía. Convocan un concurso de tortilla no que poden participar todos os que o desexen, una pratos que poderán ser degustados por todos os que se acheguen ao lugar que se converterán en improvisados xurados.
A actividade arrancará xa ás 20:30 horas no Murallón de Cesantes, lugar no que hai preparada xa unha gran fogueira que prenderá cara a medianoite. Os asistentes poderán gozar tamén dun serán e venderanse a prezos populares bebidas, bocadillos de chourizo asado e empanadas variadas. Os cartos recadados nesta xornada que organiza o Circulo Cultural Deportivo de Cesantes dedicarase integramente a financiar o V Festival Fol. Illa de San Simón que se celebra o 12 de xullo e que contará cun cartel protagonizado polos grupos Quempallou e os Carunchos.
Fálanos do programa desta tarde noite
O lugar é no Murallón de Cesantes
Celebrarase o 12 de xullo