Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os fachos, unha festa con meigallo

RR_Noticias

A festa dos Fachos celebra este sábado día 21 a súa XVI edición e faino coa presenza de cinco bruxas que no cume do monte serán as encargadas este ano de facer a representación previa ao conxuro e queima da fogueira.  Espérase xuntar a máis de mil persoas nesta luminaria que partirá ás once da noite dende a parte baixa da Peneda.

Como en anos anteriores, o Monte da Peneda volverá acoller este sábado unha celebración que naceu para recuperar unha antiga festa popular que aínda se celebraba no século XIX e en cuxa organización traballan conxuntamente diferentes colectivos de Redondela e Soutomaior. Está previsto que os veciños comecen a xuntarse a partir das 22:00h na falda do monte para ir recollendo os fachos que se venden a un prezo de 2,5 euros.  A continuación procederase a subir ata o cume onde se comezará o feitizo con cinco meigas, o achegamento representativo a épocas pretéritas, o conxuro e o lume na augardente ata chegar a queimada. Todos aqueles músicos que o desexen poderán acompañar a serpe de lume coas súas interpretacións musicais.  

Gonzalo balo Alén Nós
Este ano a novidade correrá a cargo de cinco bruxas
Unha festa diferente e participativa
Da que van gozar todos os que se acheguen

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará