Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As alfombras florais lucirán en Vilavella e a orquestra Panorama pechará as Festas da Coca

RR_Noticias

Un día grande o xoves do Corpus que volveu brillar en Redondela grazas aos centos de veciños e visitantes que non dubidaron en sair á rúa dende primeira hora para gozar das alfombras florais que adornaban a rúa principal do casco urbanos así como as rúas do Casco Vello. Houbo tamén afluencia masiva de público á representación da Danza das Espadas e as Penlas, baile que se repetirá o vindeiro domingo, día no que a verbena amenizada pola orquestra Panorama será a encargada de pechar as Festas da Coca.

Un emotivo acto de homenaxe ás alfombristas e de relevo das Penlas abría o programa deste ano na tarde do pasado mércores. Uns actos que contaron co pregón a cargo do presidente do Club Deportivo Choco, Iván Crespo, quen salientou os logros do equipo nesta última tempada “na que fixemos historia en terceira división quedando ás portas do ascenso”. Fixo tamén unha similitude entre o club que preside a as festas “porque todos os redondelás se identifican co Choco e coa Coca”. Na xornada de hoxe as celebracións continúan coa Coca dos Nenos a partir das sete na Alameda, con espectáculos a cargo de Barafunda e o mago Dani García. Un venres que rematará coa música no Campo da Feira a cargo das orquestras La Oca e Cinema. Mañá sábado as actividades arrancarán cunha alborada a cargo da banda de música xuvenil de Chapela ás 11:00h. e un concerto ás 20:00h na Alameda a cargo da banda de música Cultural de Arcade. A verbena estará amenizada polas orquestras Fin de Siglo e Xacobeo. Xa o domingo, último día de festas haberá actos relixiosos e procesión polas rúas de Vilavella decoradas con alfombras florais e actuación da Danza das espadas e as Penlas. Celebrarase unha exhibición de baile moderno e patinaxe na Pista da Xunqueira ás seis da tarde e será Panorama a encargada de poñer o “broche de ouro” as celebración deste ano.  

Iván Crespo CD Choco
No pregón lembrou os éxitos da tempada
Unha sinal de identidade
Os redondeláns identifícanse co Choco e coa Coca
Julio Alonso edil d cultura
Actividades para os nenos
Lito Garrido Panorama
Unha orquestra que pechará as festas o domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará