Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un obradoiro de emprego formará a 11 alumnos en horticultura ecolóxica e 8 en deseño gráfico

RR_Noticias

Os aspirantes ao programa Emprega verde II que se vai impartir en Redondela deberán estar inscritos na oficina de emprego e ter solicitado ser candidatos ao proceso de selección para participar nestes dous novos obradoiros de emprego. Os 19 participantes percibirán un salario mentres se forman nas especialidades de xardinería e agricultura ecolóxica ou deseño gráfico. O obradoiro terá unha duración de seis meses.

Os alumnos de horticultura realizarán durante o obradoiro labores de recuperación e rexeneración das zonas máis degradadas do concello, acondicionarán novos xardíns e tratarán de lograr unha mellora nas zonas verdes xa existentes.
A Concelleira responsable de emprego Ana Alonso, explicou que “con esta especialidade de horticultura ecolóxica, quérese dar continuidade ao proxecto anterior para poder optimizar os recursos existentes e consolidar na finca de Pousadouro unha explotación de base tecnolóxica especializada na agricultura ecolóxica”.
A outra especialidade de deseño gráfico permitirá formar a 8 persoas na realización de proxectos de deseño gráfico no camiño de especializarse no ámbito turístico, promocional e publicitario abarcando profesións como deseñadores gráfico, grafistas ou maquetistas entre outros relacionas coas artes gráficas. Unha formación que ten altas espectivas laborais ao entender de Ana Alonso que engade que “o desenvolvemento turístico, no ámbito local constitúe unha importante expectativa de futuro polas posibilidades de crecemento e creación de emprego que ten a actividade turística”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará