Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pontesa, lembranzas dunha fabrica

RR_Noticias

70 fotografías, acompañadas con textos, entrevistas e diferente documentación, integran a exposición elaborada polos alumnos e profesores do Colexio Padín Truireiro e que se poderá ver dende hoxe martes ata o venres 27 de xuño no Multiusos de Arcade. Na mostra faise un percorrido pola historia da fábrica de cerámica, unha das máis importantes dos anos 60 e 70 e que supuxo o motor industrial da zona.

O proxecto, organizado polos alumnos e profesores do colexio Manuel Padín Truiteiro, chega hoxe ao seu remate coa inauguración desta exposición na que se reflicte a través de diverso material o desenvolvemento da factoría Alfares de Ponte Sampaio (Pontesa) dende a súa fundación no 1961, cando era unha das fábricas máis modernas do momento xa que estaba completamente electrificada e era pioneira pola súa incorporación da automatización no proceso industrial, ata os seus peores momentos que levaron ao seu peche definitivo no 2001. Unha idea que partiu dunha iniciativa encadrada no programa Fotografía en Curso da Xunta e que nun primeiro momento ía centrarse en diferentes espazos baleiros como casas abandonadas ou comercios pechados, pero que finalmente foi evolucionando ata converterse nun proxecto multidisciplinar centrado na fábrica de Pontesa e nos seus ex traballadores. A coordinadora do proxecto e profesora de educación Plástica, Ana Aguiar explica que a idea inicial foi evolucionando e implicando a outros departamentos do colexio e tamén aos propios veciños xa que se contou coa colaboración de moitos ex traballadores de Pontesa que se deixaron fotografar na nave que en tempos ocuparan as máquinas e a louza. Os resultados deste interesante traballo poderán contemplarse na exposición que se inaugura hoxe martes ás 16:00 horas e ata o vindeiro 27 de xuño.  

Ana Aguiar coordinadora do proxecto
Explica como foi evolucionando dunha idea inicial de fotografar espazos baleiros e abandonados
Colaboración veciñal
Ex traballadores da fábrica non dubidaron en colaborar de diferentes xeitos
Exposición
A mostra recolle imaxes pero tamén grabacións e diferente documentación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará