Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega ao Multiusos a mostra itinerante “Nimbos de luz” sobre a vida e obra de Díaz Castro

RR_Noticias

O Secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo lembrou que con esta actividade se lle quere render unha xusta homenaxe ao escritor homenaxeado este 2014 co gallo das Letras Galegas. O acto inaugural contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero e o concelleiro de cultura, Julio Alonso. A exposición permanecerá no Multiusos ata o vindeiro 29 de xuño.

“Nimbos de luz”, exposición impulsada pola Consellería de Cultura dentro do programa anual de actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas 2014, é unha mostra itinerante producida pola Editorial Galaxia e Merlín Comunicación permite unha ampla aproximación á vida e a obra de Díaz Castro a través de 14 paneis temáticos. O seu carácter didáctico era salientado polo presidente da RAG Alonso Montero, quen aconsellaba aos escolares e ao público en xeral achegarse a esta exposición CORTE A mostra inclúe ademais diversos materiais multimedia e o emprego doutros soportes expositivos, como mesas-vitrina e peanas, para a instalación de obxectos e publicacións orixinais, unha “visión ilustrativa e dinámica do que foi Díaz Castro” en palabras de Valentín García. O secretario xeral de Cultura entende que nesta exposición está recollida unha visión o máis ampla posible do escritor apuntado aspectos menos coñecidos do autor neste caso a súa faceta como traductor do que foi “un gran políglota que se manexaba en 17 linguas”. Julio Alonso, concelleiro de Cultura animaba aos veciños a se achegar a esta mostra na que se distribuirán de xeito gratuíto folletos en formato acordeón que reproducen cada un dos paneis. A mostra complétase coa proxección do documental O instante eterno de Xosé Antón Cascudo.  

Xesús Alonso Montero presidente da RAG
Unha mosra para todos os públicos pero especialmente para os escolares
Valentín garcía Política Lingüística
Unha visión dinámica do que foi Díaz Castro
Anxo Lorenzo Secretario Xeral de Cultura
Lembrou a faceta como traductor dun gran políglota
Julio Alonso edil de Cultura
Anima aos veciños a non perder esta mostra que se pode visitar ata o día 29

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará