Hoxe é Mércores 25 de Novembro de 2020

Concesión de subvencións para a realización de actividades de promoción da muller e a igualdade

RR_Noticias

As asociacións e vogalías da muller interesadas en acceder ás axudas económicas que concede a Concellería para a elaboración de actividades de promoción da muller e a igualdade teñen de prazo ata o vindeiro 14 de xuño para facer as súas solicitudes no rexistro do concello. A partida total ascende a 10.000 euros.

As bases pódense consultar na páxina web do Concello e nas mesmas establécense os criterios que rexerán a concesión destas axudas. Teranse en conta entre outras cuestións á hora de baremar os proxectos o número de participantes na actividade, a duración no tempo da mesma así como o tipo de actividade sendo as máis valoradas as orientadas á promoción da igualdade, a formación e emprego, a loita contra a violencia de xénero e as orientadas á integración de grupos en risco de exclusión.
As entidades interesadas deberán presentar as solicitudes no rexistro do Concello antes do 14 de xuño. Toda a información así como os impresos que cada colectivo debe presentar poden atopalo no BOP do mércores 28 de maio ou directamente a través da páxina web do Concello de Redondela.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *