Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós reclama que se prohiba a caza e o motocross en Monte Penide

RR_Noticias

A solicitude, que conta xa cun informe favorable da Concellería de Medio Ambiente, está pendente dun informe da Secretaria municipal. O colectivo cultural espera ter unha resposta afirmativa a súa petición a vindeira semana, cando está previsto que se reúnan co alcalde, a quen lle solicitaron tamén que unha patrulla da Policía Local se achegue periodicamente ao lugar no que se atopan os xacementos arqueolóxicos para evitar actos vandálicos. Este sábado convocan a III andaina popular con saída as 10:30 horas dende o merendeiro de Cedeira.

Os xacementos de Monte Penide son un atractivo máis nunha zona de grande valor paisaxístico e medioambiental e así o entenden os que ata alí se achegan para gozar dun paseo pola zona. Con todo, esta actividade pode ter os seus riscos en época de caza motivo polo que dende a Asociación cultural Alén Nós veñen demandando dende hai meses que se prohiba esta actividade tendo en conta ademais que así se recolle na Lei de Montes. Unha petición que conta xa cun informe favorable da Concellería de medio Ambiente, pero que está á espera da avaliación da Secretaria Municipal. Andrés Laxe de Alén Nós confía en que dende o Concello se xestione ante a Consellería de Medio Rural a prohibición tanto da caza como da práctica de motocross nun lugar con seis mil anos de historia. Reclaman tamén que se aumente a presenza policial como efecto disuasorio ante os que continúan atentando contra o patrimonio arqueolóxico “que se acheguen dúas ou tres veces por semana podería servir para amedrentar a posibles vándalos”. O colectivo, continúa coa labor de posta en valor do xacementos e convoca aos veciños a participar o sábado 7 nun percorrido guiado polo arqueólogo Xurxo Cónstela que partirá ás 10:30 horas dende o merendeiro da Poza da Lagoa en Cedeira. A actividade, que ten unha duración de tres horas aproximadamente, é de balde e non precisa de inscrición previa.  

Andrés Laxe Alén Nós
Esperan ter unha resposta afirmativa as súas petticións en breve
III andaina Monte Penide
Unha acividade guiada polo arqueólogo Xurxo Constela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará