Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Redondela participa no proxecto Ponte… nas ondas xunto a 9 colexios do concello

RR_Noticias

Ponte… nas ondas celebra a súa XX edición este venres 30 de maio cun programa de radio en directo que se emitirá dende 14 emisoras de radio e medio cento de centros educativos de Galicia e norte de Portugal. Unha das colaboracións máis intensas chegará dende Redondela con nove colexios implicados, cinco dos cales emitirán a súa proposta radiofónica dende a emisora municipal a partir das dez da mañá.

O programa Ponte… nas ondas arrancará ás dez sendo o colexio Outeiro das Penas o encargado de inaugurar a programación escolar cun programa en directo dende Radio Redondela. Ao longo da mañá pasarán pola emisora local o alumnado doutros catro centros educativos: ás doce menos vinte participarán os rapaces e rapazas dos colexios Santo Paio de Abaixo de Reboreda e o colexio Igrexa de Chapela e as dúas menos dez da tarde achegaranse á emisora local os nenos do Santa Mariña de Redondela quen darán paso media hora despois aos rapaces do colexio de Cedeira.
En diferido participarán tamén outros catro colexios, cuxas propostas serán emitidas en horario de tarde: o Colexio de Porto Cabeiro, o Alexandre Bóveda, o Colexio de Quintela e o Instituto Mendiño.
Entre os contidos deste Ponte…nas Ondas emitiranse mensaxes e textos de voz de escritores galegos e da lusofonía, así como as actuacións de músicos e doutros artistas.
Os centros educativos de Redondela pola súa banda apostan por dar a coñecer a cultura local para o cal contarán coa presenza de diferentes convidados que serán entrevistados polos propios rapaces.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará