Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os pinchos do restaurante Lemos e a Tapería A Cova premiados polos clientes

RR_Noticias

A Asociación de empresarios de Redondela fixo entrega na tarde de onte dos galardóns aos mellores pinchos elaborados para a III Ruta do Pincho e na que participaron un total de 22 establecementos. As propostas do Restaurante Lemos e da tapería A Cova foron as que maiores votos obtiveron dos clientes.

Un “Capricho Ibérico confeitado en Salsa Lemos” foi a proposta do Lemos, restaurante que participaba por terceiro ano nesta campaña e que edición tras edición constata unha maior participación dos clientes. A súa propietaria Eva Alonso explicaba que malia atoparse un pouco afastados do centro, no barrio de Fortóns, cada vez son máis os que se desprazan expresamente para degustar a súa proposta. Amosábase agradecida polo premio concedido e entende que o éxito se atopa na calidade do produto empregado e na coidada elaboración Tamén por terceiro ano participaba o outro premiado A tapería A Cova. Un “Timbal de estufado de cogomelos ás 3 pementas en base de risotto acompañado de Tostas de arando” que non pasou desapercibido para os clientes Tamén onte fíxose entrega dos premios aos clientes gañadores das cartillas de votación, Chelo Sobral Soteliño, Carmen Rodríguez Amoedo e Andrea da Rosa Hernández.  

Restaurante Lemos
Eva Alonso fálanos do pincho premiado
Tapería A Cova
Unha terceira edición que confirma o éxito da iniciativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará