Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Hostia en Verso no pavillón de Chapela

RR_Noticias

Hoxe xoves ás 10:40h no Pavillón Municipal de Chapela (Avenida de Redondela, fronte ao IES de Chapela) terá lugar unha experiencia poética masiva protagonizada polo colectivo poético Poetas da Hostia, participada pola totalidade do alumnado e profesorado do IES de Chapela da quenda de mañá.

Esta actividade, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela, estará protagonizada polo colectivo poético Poetas da Hostia. Concretamente participarán Lucía Aldao, Ledicia Costas, Daniel Landesa, Xabier Xil e Daniel Costas nunha dura batalla poética, titulada A Hostia en Verso, na que haberá dous bandos: poetas do Facebook fronte a poetas do Tuenti.
Para asistir a este evento interromperanse as actividades lectivas no instituto entre as 10:30h e as 12:10h.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará