Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Títeres abre a programación de sala co Documental Homenaxe a Juanjo Amoedo

RR_Noticias

Hai xa quince anos que se puxo en marcha o Festival Internacional de Títeres de Redondela, e a organización quere celebralo coa proxección dun documental sobre a figura do redondelán Juanjo Amoedo, impulsor do certame. O acto servirá para abrir a programación de sala, que continuará a partires do mércores con representacións para adultos, público familiar e infantil.

Amoedo, involucrado no movemento veciñal e asociativo de Redondela, sempre teimou pola celebración dun festival de monicreques na vila, aproveitando a existencia da compañía local Tanxarina como referente. O seu obxectivo era involucrar a todos os colectivos redondeláns para sacalo adiante. O seu inesperado falecemento nun accidente doméstico impediulle levar adiante o seu soño, pero animou a un amplo abano de asociacións locais a facelo realidade como unha homenaxe ao seu compromiso social. Luis Crespo, organizador do festival, destaca que nesta XV edición do certame, farase unha homenaxe á súa figura cun documental elaborado por Cuchi Carreira. Con esta cita abrirase a programación de sala mañá martes, ás 21.00 horas no Multiusos da Xunqueira. Logo do programa escolar e das funcións en sala que se desenvolverán durante a semana, será sábado e domingo cando se concentren o groso das funcións. Actuacións de rúa a cargo de compañías como Rocamora Teatre, Teatro Senj, Sa Marionetas, Txo Titelles ou Lexcuse Teathre, entre outros, comporán, como é habitual, unha programación frenética os días 24 e 25. Ademais de títeres, haberá actuacións musicais a cargo de The Turres Band, Caramuxo Vermello e As Suripantas, ademais do concerto-espectáculo Son Titiriteiro, coa participación de múltiples grupos e formacións redondelás.

Luis Crespo organizador do festival
Un documental-homenaxe a Juanjo Amoedo abre a programación de sala.
Actuacións destacadas
Unha variada programación para unha semana de títeres.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará