Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nespereira celebra a X edición da festa do ovo

RR_Noticias

O pregoeiro deste ano será o ex ciclista Oscar Pereiro. Os pratos elaboraranse con ovos doados polos veciños e as racións manteñen os prezos de edicións anteriores. Poderanse degustar ovos fritidos con patacas e chourizo, tortillas, empanadas e grelos cocidos con chourizo e dous ovos.

Todos os pratos que se preparan para esta festa, na que se esperan vender unhas mil racións, están elaborados con produtos caseiros doados polos veciños da parroquia. O prato estrela será un ano máis o combinado de ovos fritidos acompañado de patacas e chourizo, pero os comensais poderán degustar tamén outras especialidades como os grelos cocidos con chourizo e dous ovos, a empanada de atún e ovo, tortillas variadas e os ovos fritidos con arroz e chourizo.
A comisión de festas decidiu manter os prezos de edicións anteriores a cinco euros todas as especialidades agás a empanada a catro e os grelos a seis. Todas as racións estarán acompañadas de pan, viño e sobremesa.
Este domingo o pregoeiro será o ciclista mosense Óscar Pereiro e a festas estará amenizadas polos grupo Rías Baixas e o dúo Estelar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará