Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Najla Shami no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

A cantante e compositora Compostelá ofrecerá un concerto especial polo día das Letras Galegas enmarcado dentor do programa da Rede de Músicas Soltas. Najla Shami cantará acompañada do guitarrista Héctor Lorenzo nunha dupla que leva colaborando máis dun lustro nos palcos do país. Unha cita musical que terá lugar o sábado 17 ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira. O prezo da entrada é de 4 euros.

Najla afondará no repertorio do seu último traballo “Na lingua que eu falo” (Galaxia, 2013) no que pon música á poesía de  Rosalía de Castro alén de outras cancións do seu repertorio cunha sonoridade influenciada por estilos coma o jazz, funk, world music e a música galega, Najla Shami tráenos a súa proposta que percorre latitudes que van desde a Galicia ata o Brasil ou África.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará