Os de Julio Mougán remataron a liga nun meritorio terceiro posto. A súa vitoria na fin de semana ante o Cafetería Luar pola mínima (2-1) non foi suficiente para acadar o subcampionato. O Mos, tras vencer con contundencia ao Mondariz (4-8), fíxose con ese segundo posto xa que malia estar empatado a 68 puntos co Redondela, o golaverage deu a vantaxe aos mosenses.
Moito sufriu o Redondela na tarde do sábado para gañar o encontro ante o Cafetería Luar, que sobre todo nos últimos minutos de partido tivo números ocasións para lograr o empate.
Os locais puxeron dous goles no encontro nada máis comeza e a partir de aí foi un equipo irrecoñecible que non daba a sensación de estar xogando polo segundo posto da Liga. Diferentes ocasión erradas fixeron que a falla de catro minutos para o final, un lanzamento de dez metros recortara a vantaxe e de aí ao final, moitos nervios e a falta de experiencia, puideron ocasionar que os tres puntos voaran de Redondela.
Non foi así e finalmente a vitoria quedo una casa para pechar unha incrible tempada con números espectaculares: 68 puntos, só catro encontros perdidos e equipo menos goleado coa cifra de tan só 62 tantos en 30 partidos.