Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns non aprecian ningunha recuperación no mercado laboral

RR_Noticias

Os últimos datos oficiais apuntan un descenso no número de desempregados no mes de abril, con 6.319 parados menos en Galicia con respecto a marzo. Con todo, esta tendencia non se produce en Redondela, onde o número de demandantes de emprego só se reduciu en dúas persoas. Os veciños non comparten as mensaxes optimistas dos gobernos central e galego, que falan xa de recuperación.

A cidadanía comparte a valoración dos grupos da oposición e sindicatos, que falan dunha situación “puntual” por mor da Semana Santa. Insisten en que as afiliacións á seguridade social seguen a ser moi escasas, e defenden que a caída do paro débese máis ben a que os galegos emigran ou simplemente deixa de anotarse nas listas. É o caso de Pilar, unha veciña de Redondela que logo de facer cola nas oficinas de Emprego durante tres décadas acabou por desistir “para non perder máis o tempo”. Para Manuel, que tamén leva varios anos no paro, as mensaxes do goberno non son máis que “propaganda” pola proximidade das eleccións europeas, e afirma que o pouco emprego que se crea é temporal e precario. Con todo, os datos do paro son os mellores nun mes de abril desde 1996, cun importante descenso en Galicia e tamén na comarca, aínda que non en Redondela. Para veciños como Marcial e María, a explicación está en que este municipio non é tan turístico como outros das Rías Baixas, onde se nota a contratación da hostalaría nos períodos de vacacións como a Semana Santa ou o verán. No caso de Redondela os empresarios “tiran do persoal que xa teñen ao longo do ano” e non fan novos contratos. De feito no caso de Redondela a variación nos datos do paro foi mínima: hai 2.930 persoas inscritas como solicitantes de emprego, tan só dúas menos que en marzo. Estes mozos debuxan un negro panorama da situación laboral, sobre todo para os máis novos. Polo que viven persoalmente na súa contorna advirten que a xuventude só pode elixir entre empregos temporais e precarios “cos que non poden facer plans de futuro” ou marchar ao estranxeiro “onde son máis valorados”.  

Pilar veciña
Logo de tres décadas inscrita nas oficinas de emprego deixou de anotarse.
Manuel parado de longa duración
Non cre na recuperación e afirma que o pouco emprego que se crea é temporal e precario.
Marcial e María
Explican que o repunte de emprego en abril non se dá en Redondela porque non hai un sector turístico forte.
Paro xuvenil
As opcións para os mozos son o emprego precario ou a emigración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará