Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Talleres ABC Vigo proclámase campión en Redondela

RR_Noticias

Os vigueses lograron o reparto de puntos no partido disputado na bomboneira na mañá de onte e no que os xogadores do Redondela Fútbol Sala tan só lograron o empate a un tanto. Os de Julio Mougán teñen mañá sábado outra cita en Moaña ante Pandiña no penúltimo partido de campionato.

Un encontro o vivido onte no Pavillón de Redondela onde non faltou o bo xogo, a tensión e as ocasións para os dous equipos para facerse cos puntos en xogo cuns minutos finais que puideron deixar a vitoria en calquera dos equipos malia que finalmente o partido rematou en táboas.
Ambas escuadras buscaron adiantarse no marcador para levar o peso do encontro, mentres o Redondela o buscaba cas súas liñas estiradas, os vigueses intentábano con rápidos contraataques.
Os primeiros en adiantarse no marcador foron os vigueses, pero o Redondela lograría o empate nos últimos minutos do encontro cun claro penalti a Manoliño que poría as táboas no marcador. Seguiría arriscando o Redondela en busca da victoria, pero o cansazo nalgúns xogadores non fixo posible que os tres puntos quedaran na casa
O premio foi finalmente para o Talleres ABC Vigo, que con ese punto proclámase vencedor da Liga. Pola súa parte, o Redondela perde a condición de depender de si mesmo para o subcampionato, pero deixa mostras de que este equipo compite con calquera.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará