Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A retranca e as flores toman as rúas nunha multitudinaria celebración de Os Maios

RR_Noticias

Xa repararon a ponte/e pintárona de verde/a xente aínda protesta/gustáballes máis a rede
Aprobouse o presuposto/Boby levantou a man/Os demais do seu partido/Case caen ao chan
Seica agora anda Ferrari/Detrás de Esperanza Aguirre/Para facerlle unha proba
Nun entrenamento libre
Don Mariano, Don Mariano/Como che crece o nariz/Cada vez que abres a boca/Xa non deixas de mentir
 

A retranca e a crítica política e social estiveron presentes un ano máis nos textos que concursaban no apartado de mellor copla, un galardón que recaeu no grupo “Os nen@s” seguidos de “Os tirabeques” e “O Carballo 20142.
Na categoría de interpretación os “Miúdos de Samar ” foron os que mellor o fixeron o entender do xurado seguidos de “O Regojo de Chan das Pipas e “O cono dos vimbios”.
Unha edición esta na que participaron un total de 14 Maios, oito na categoría artística e seis en maio tradicional (conos e cruceiros), categoría na que se impuxo “O Carballo”.
E como todos os anos as propostas máis innovadoras atopámolas na categoría artística cun primeiro premio para “Os Rapaciños do Carballo” de Reboreda quen se levaron este galardón cun  orixinal maio que representaba aos tradicionais xigantes das Festas da Coca. “Os miúdos de Samar” e o Maio “O Canastro” tamén obtiveron un galardón nesta categoría, non así a réplica da fábrica de Regojo, proposta presentada pola Asociación Cultural Chan das Pipas que malia ser unha das máis chamativas pola súa vinculación coa vila quedou sen primeiro.
O avogado e escritor galego Xosé Luís Franco grande foi o encargado de ler o pregón nesta edición.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará