Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Agridoce final de liga para o S.D. Pazos Fútbol Sala

RR_Noticias

Logo da derrota da pasada xornada en Compostela, a onde chegaban como líderes, os de Pazos xa dan por perdida calquera opción de recuperar a cabeza da clasificación na Terceira Nacional. Agora son 5º, e forman parte da elite do campionato, con 5 equipos distanciados por tan só dous puntos. Despois do descanso de Semana Santa despedirán a liga na casa diante do Burela B.

Malia perder o liderado o pasado sábado diante do Santiago Futsal B, en Pazos amósanse “moi orgullosos” do traballo do seu equipo esta temporada. Mon Miguélez, o secretario do club, lembra que o seu obxectivo cando comezou o campionato era acadar a permanencia, e que está “máis que superado”. Con todo recoñece que, unha vez que se viron con opcións de facerse co título de liga, é “unha mágoa” non poder acadalo, aínda que afirma estar moi satisfeito tanto co rendemento dos xogadores como co apoio dos seus afeccionados, sempre “fieis” ao equipo tanto nos partidos en Pazos de Borbén como en moitos desprazamentos que fixeron ó longo da temporada. Agora toca descanso, co gallo da Semana Santa, e a próxima semana, o sábado 26, despedirán a liga na casa. Será diante do Burela B, outro dos “ósos” da clasificación. Os lucenses adiantan en dous puntos ó equipo de Marcelo, e ocupan a cabeza da táboa empatados a puntos con Leis e A Estrada. Miguélez sabe que viaxarán a Pazos co obxectivo de facerse co campionato de liga, pero os locais tentarán poñer as cousas “o máis difíciles posible”. Para iso contarán cos seus incondicionais, e convidan a todos os amantes do fútbol sala a achegarse ao pavillón municipal de Pazos para presenciar o encontro. A cita é ás 18.00 horas, con entrada da balde.  

Mon Miguélez secretario
No club están moi satisfeitos cos resultados desta temporada.
S.D. Pazos-Burela B
O enfrontamento será o último deste campionato ligueiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará