Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco golea ao Betanzos e aférrase á posibilidade de xogar a promoción de ascenso

RR_Noticias

Os redondeláns impuxéronse con claridade en Santa Mariña nun encontro no que o vetarano Pablo Couñago demostrou a súa calidade con dous goles. Os de Montes deixaron o partido sentenciado nos primeiros minutos. Chapela e Nespereira conseguiron clasificarse e xogarán a promoción de ascenso a Segunda Autonómica.

Terceira División
Choco 4-0 Betanzos
Moi pronto empezou a medrar a goleada do conxunto de Redondela, cando aos dous minutos de xogo se adiantaba por mediación de Yerai. Pasou o primeiro e Roberto marcaría o segundo aos dez minutos de xogo. Aínda sen deixar que o Betanzos se repuxese, Pablo Couñago sentenciaría o partido en torno ao minuto vinte da primeira parte co 3-0. A segunda parte serviu para que Couñago metese o seu segundo gol, o cuarto do seu equipo, e para que Jacobo Montes puidese dar minutos a xogadores do banco, aínda que o marcador xa non se movería no novo campo de Santa Mariña.
C.D. Choco: Cortegoso, Miguel, Saúl, Lucas, Cristian, Caloi (Gonzalo, min. 65), Yerai (Roberto Lorenzo, min. 73), Jose Da Cruz, Roberto, Curry, Pablo Couñago (Rafa Pérez, min. 65).
Betanzos C.F.: Alfonso, Robert, Vigo, Cardelle, Gonzalo (Carballeira, min. 58), Cea,Juanma, Agulló, Manu Piquer, Sergio (Quintela, min. 73), Tomás (Fraga, min. 46).
Goles: 1-0 Yerai, min. 2; 2-0 Roberto, min. 10; 3-0 Pablo Couñago, min. 21; 4-0 Pablo Couñago, min 61.
Segunda Autonómica

Chaín 2-1 Choco B
Era un partido de moita rivalidade entre dous dos equipos máis fortes do grupo, e así se viviu, cunha parte para cada equipo. Na primeira dominio total dos locais con goles de Joaquín e Arroyo. Na segunda metade dominaron os redondeláns, e recortaron distancias desde o punto de penalti. Tantaron a igualada ata o final, pero quedaron ás portas. O filial do Choco baixa ata a 4ª praza, e na próxima xornada xogará en Redondela diante do Matamá, situado na metade baixa da táboa
Arcade 0-1 Beluso
Un solitario gol do Beluso a falta de 15 minutos deulle os tres puntos aos visitantes, un partido no que o Arcade pelexou ata o final, pero a superioridade do rival impúxose. Na próxima xornada xogarán no campo do Vilanova, afundido na parte baixa da táboa
Soutomaior 4-0 Marín B
O Soutomaior goleou sen problemas ao Marín B, pechacancelas do grupo. O Soutomaior é agora 10º, na próxima xornada xogan no campo do Noalla, o seu inmediato perseguidor, a un punto de distancia.
Terceira Autonómica

Poio 3-0 Cesantes
O Cesantes foi desbordado polo líder, o Poio, que se mantén intratable. Na próxima xornada reciben ao Cerponzones, 7º.
Pereiró 2-2 Chapela
Partido moi igualado co obxectivo de ascenso directo en xogo que, finalmente, conseguiron os locais. O gañador do partido era xa equipo de Segunda Autonómica, e en caso de empate o Pereiró era o beneficiado. O Chapela, que acabou a liga 4º, xogará a fase de ascenso xunto con Miño, Coruxo e Vincios.
At.Vilar 0-2 Casablanca
O Vilar rematou a loga na 10ª posición logo da derrota co Casablanca.
Castelo 0-0 Nespereira
O empate garántelle ao Nespereira a 6ª praza, e clasifícase para a promoción de ascenso xunto a Tebra, Caselas e Vilasobroso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará