Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas pratas para o Club de Remo Chapela nos Campionatos Territoriais disputados en Meira

RR_Noticias

As embarcacións redondelás fixéronse coa segunda praza nas categorías Promesa e Absoluto Feminino, ademais dun cuarto posto en Xuvenil Feminino. En Cadete Masculino ocuparon tamén a cuarta praza. Os catro barcos clasificáronse así para o Autonómico que se disputa esta fin de semana na Pobra do Caramiñal.

Mentres o Club de Remo de Cesantes rematou na quinta posición en Xuvenil Masculino, polo que queda fóra do Campionato Galego. Samertolaméu, Mecos e Náutico de Vigo, con dúas vitorias cada un, e Vilaxoán, cunha, foron os triunfadores nas sete finais do campionato territorial zona sur de bateis, que se celebraron na baía de Meira, organizado pola S.D. Samertolaméu. Sete finais apaixonantes sobre un mar en calma nas que o catro primeiros de cada categoría gañáronse a praza para estar o próximo fin de semana no Campionato de Galicia, e competir co catro mellores da zona norte no seu camiño cara ao Campionato de España, os días 26 e 27, en Camargo (Cantabria). O próximo fin de semana na Pobra do Caramiñal decidiranse os dous mellores por categoría, que conquistarán praza para competir no Nacional.
Resultados: Promesa feminino: 1. Vilaxoán, 5.23:44; 2. Chapela, 5.24:74; 3. Vila Cangas, 5.32:40; 4. Tirán, 5.36:56; 5. Samertolaméu, 5.40:28. Xuvenil feminino: 1. Náutico, 11.05:33; 2. Tirán, 11.24:35; 3. Amegrove, 11.31:68; 4. Chapela, 11.39:41; 5. Virxe Guía, 12.18:69. Absoluto feminino: 1. Samertolaméu, 10.24:46; 2. Chapela, 10.30:32; 3. Tirán, 10.41:80; 4. Mecos, 10.42:80; 5. Vila Cangas, 10.50:37. Infantil masculino: 1. Náutico, 5.09:18; 2. Robaleira, 5.09:47; 3. Vila Cangas, 5.20:56; 4. Samertolaméu, 5.24:72; 5. Mecos, 5.26:46. Cadete masculino: 1. Mecos, 7.23:93; 2. Tirán, 7.32:59; 3. Náutico, 7.36:35; 4. Chapela, 7.38:31; 5. Vilaxoán, 7.41:84. Xuvenil masculino: 1. Mecos, 9.40:98; 2. Tirán, 9.49:15; 3. Robaleira, 10.00:85; 4. Náutico, 10.05:66; 5. Cesantes, 10.23:60. Absoluto masculino: 1. Samertolaméu, 9.15:67; 2. Vilaxoán, 9.24:91; 3. Tirán, 9.28:84; 4. Bueu, 9.32:36; 5. Remo Moaña, 9.33:17.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará