Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e SAR non aproveitan a vantaxe de xogar na casa

RR_Noticias

Ambos os dous equipos caeron derrotados ante a súa afección. O Construcciones Castro perdía o partido disputado en Chapela ante o Antequera, 24-28 marcador final que obriga aos de Teixeira a despedirse da salvación matemática. A SAR caía ante o Calvo Xiria, nun encontro que rematou co resultado de 23-27.

Os numerosos fallos do Chapela condenaron ao equipo que di adeus á salvación matemática e que terá agora que disputar a liguilla da permanencia. Final moi discutido no que se viviu o momento clave do encontro. A tan só tres minutos para o remate e cun 23-25 no marcador o Chapela saíu en contraataque coa posibilidade de achegarse a un só tanto. Os árbitros pitaron falta en ataque o que impediu toda posibilidade de lograr algún punto. 24-28 resultado final ante o Antequera. A próxima cita será no País Vasco ante o Barakaldo.
E moi difícil o tiña a SAR para gañar o partido ante un dos equipos máis fortes en primeira nacional, o Calvo Xiria, que chegou a Redondela coa única idea de vencer e  clasificarse para xogar a fase de ascenso. Partido disputado na bomboneira e dominado en todo momento polo conxunto coruñés. 23-27 a favor dos visitantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará