Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non pode con As Pontes

RR_Noticias

O mal estado do terreo de xogo, os acertos dos locais a balón parado e as decisións arbitrais condicionaron o partido que acabaron perdendo os de Jacobo Montes por 3-2. A derrota diante deste rival directo afástaos cinco puntos da promoción de ascenso.

Terceira Autonómica
As Pontes 3-2 Choco
Na primeira metade o partido foi tranquilo, con algunhas chegadas de perigo nas dúas áreas, pero sen goles. Aos vinte minutos de xogo os redondeláns crearon perigo pero o tanto de Yerai foi anulado por fóra de xogo. Xa na segunda metade Sergio Arias adiantou aos seus logo de aproveitar un balón en longo para desbordar á defensa do Choco e sortear a Cortegoso. O empate chegou nunha nova acción de estratexia do equipo local pero, nesta caso, os de Redondela lanzaron o contragolpe por medio de Yerai, que habilitou a Caloi e Amado o derribou dentro do área. Pena máxima, cartón vermello e gol de Pablo Couñago. Coa igualada e cun home máis sobre o terreo de xogo, o encontro parecía favorable para os de Jacobo Montes. Pero non foi así. O acerto de Bossa a balón parado levou ás Pontes a sumar dous goles por medio de Iván González e Chicho. Aínda así, o Choco tentouno ata o final do partido. Chegou un novo gol anulado, neste caso a Pablo Couñago. O central Saúl recortou distancias dentro dos últimos cinco minutos cunha falta que petou na barreira antes introducirse na portería do rival. Quedaban sete minutos para rematar o enfrontamento, pero o Choco xa non foi quen de acadar a igualada. Agora, os de Jacobo Montes quédanse na sexta praza a cinco puntos da promoción de ascenso que marca o Pontevedra. Moitos puntos para as cinco xornadas que quedan por disputar. A próxima cita será o domingo en Santa Mariña, diante do Betanzos, da metade baixa da táboa.
Segunda Autonómica

Choco B 2-0 Sampaio
O Choco B escala ata a 3ª praza logo de derrotar ao Sampaio, un dos pechacancelas. Na próxima xornada xogarán no campo do Chaín, o 2º clasificado.
Umia 1-2 Arcade
O Arcade segue na metade baixa da táboa logo da derrota no campo do Umia. E na próxima xornada terán máis complicado aínda poder mellorar resultados xa que reciben ao Beluso, o 2º do grupo.
Bueu 3-1 Soutomaior
O Soutomaior mantén o posto 11º malia a derrota co Bueu. A próxima xornada poderían remontar algunha posición xa que reciben ao Marín B, pechacancelas do grupo.
Terceira Autonómica

Cesantes 1-1 Cotobade
Reparto de puntos entre o Cesantes e o Cotobade que mantén aos redondeláns na metade da táboa. Na próxima xornada xogan no campo do líder, o Poio.
Montecastelo 2-2 At.Vilar
O Vilar mantén a 10ª posición logo do empate co Montecastelo, o seu inmediato perseguidor. Na próxima xornada reciben ao Casablanca, situado no pozo da clasificación.
Nespereira 2-3 Juvenil
O Nespereira baixa un posto, ata a 6ª praza, logo da derrota diante do Juvenil, que se mantén na 2ª posición. Na próxima xornada xogan no campo do Castelo (8º).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará