Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo de inscrición nos campamentos de Semana Santa

RR_Noticias

As vacacións de Semana Santa volver ser días nos que a conciliación entre as vacacións dos rapaces e os horarios laborais dos pais e nais se tornan difíciles. Dende a Concellería de Igualdade organizan uns campamentos que nesta ocasión se van desenvolver nos Multiusos de Chapela e Redondela así como nas parroquias de Reboreda, Saxamonde e Trasmañó. O prazo de inscrición está xa aberto e débese facer presentando a ficha de solicitude no Rexistro do Concello.

Co gallo de favorecer a conciliación de responsabilidades familiares e laborais así como participar no desenvolvemento integral da infancia a través do xogo coeducativos, arranca hoxe o prazo para a solicitude de prazas nos Campamentos de Semana Santa, que nesta edición amplían o seu número de prazas que pasa de 60 a 105. O programa, dirixido a nenos entre os 4 e os 14 anos de idades desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Para poder participar un dos pais debe levar empadroado en Redondela como mínimo un ano e presentar a ficha de solicitude no Rexistro Xeral do Concello, adxudicándose as prazas pro rigoroso orde de entrada.
As actividades desenvolveranse nos Multiusos da Xunqueira e o Piñeiral do Crego así como na Sociedade Labrego cultural de Reboreda, no Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde e no Centro Cultural de Trasmañó.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará