Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

80 embarcacións compiten na XVIII Bandeira Concello de Redondela de Bateis en Chapela

RR_Noticias

O Club de Remo de Chapela organiza este sábado unha nova edición da Bandeira Concello de Redondela na que participarán 17 equipos de toda a provincia . Unha proba nas categorías femininas de Promesa, Xuvenil e Absoluta, e nas masculinas de Infantil, Cadete, Xuvenil e Absoluta no campo de regatas do paseo de Cardona este sábado a partir das 16:30 horas.

O litoral de Chapela acolle mañá sábado a XVIII edición da Bandeira Concello de Redondela de Bateis coa presenza de máis de 80 embarcacións procedentes de toda a provincia. O mal tempo non impedirá que se celebre esta regata xa que segundo explicou o presidente do club organizador Julio Prado,”non se esperan ventos importantes, e ese sería o único motivo para suspender a proba”. Unha bandeira que continúa a ser das probas máis destacadas do calendario “por contar coa participación de todas as categorías tanto masculinas como femininas” En canto á posibilidade de que algunha das bandeiras quede na casa apunta Prado que nas categoría femininas é máis probable lograr unha vitoria, xa que o resto das categorías están en pleno proceso de cambio xeracional.  

Julio Prado Club de remo de Chapela
O presidente fálanos da proba do sábado
Expectativas
Poderáin lograrse vitorias en diferentes categorías femininas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará