Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de traballos comunitarios no Viso

RR_Noticias

A Sociedade de Agricultores de o Viso convoca aos veciños a participar dunha xornada de traballos comunitarios que se vai desenvolver este domingo día 30 a partir das 9:00 horas co obxectivo de realizar pequenas melloras no local social. Os traballos centraranse na limpeza e amaño do xardín, reparación de humidades e melloras na iluminación tanto interior como exterior.

A Asociación é consciente da necesidade de que os usuarios e veciños se impliquen no mantemento dos lugares de uso público. Con esa filosofía convocan esta xornada colaborativa no que diversos veciños aportan un pouco de tempo para traballos ao ben común. Nesta ocasión os traballos centraranse na instalación de fluorescentes nunha das aulas do local social con déficit de iluminación, na mellora da sonoridade nas aulas de ensaios. no amaño das luces exteriores do local social e de pequenos material do propio centro así como a limpeza de humidades nas paredes de diversas aulas. Tamén se actuará no xardín do centro coa limpeza e poda do mesmo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará