Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asemblea Redondelá de Estudantes chama a mobilizarse en defensa do ensino

RR_Noticias

Convocan unha manifestación que partirá ás 11:30 horas do mércores dende o IES Pedro Floriani en dirección ao Casco urbano. As súas demandas pasan por esixir a retirada da Lei Lomce pero tamén saen a rúa con reivindicacións de carácter local: reclaman que se dote o IES Mendiño cun elevador e a construcción do tan reclamado patio cuberto no Colexio de Santa mariña.

Entenden dende a Asemblea Redondelá de Estudantes (ARDE), un colectivo integrado por estudantes do noso concello, que existen “motivos de sobra para se manifestar” pero centran as súas reivindicacións nalgunhas cuestións de ámbito xeral como a retirada da Lomce e do Plan Bolonia así como noutras demandas a nivel local. Entre as súas peticións recollen melloras para os centros educativos do concello, como o patio cuberto no Santa Mariña ou a dotación dun elevador no instituto Mendiño. Solicitan tamén un número maior de bibliotecas por entender que as existentes non son suficientes e presentan carencias importantes “temperaturas insoportables, horarios sen sentido ou espazos sen wifi nin enchufes”. Por este motivo, convocan ao estudantado a mobilizarse este mércores nunha protesta que partirá ás 11:30 horas dende o instituto Pedro Floriani para percorrer as rúas en dirección ao casco urbano.  

Motivos da protesta
Un dos estudantes da Asemblea fálanos dos motivos da convocatoria
Manifestación polo centro da vila
A protesta partirá ás 11:30 dende o IES Pedro Floriani

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará