Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. acurta distancias co segundo clasificado logo dunha clara vitoria ante o Marcón

RR_Noticias

Os de Julio Mougán son terceiros logo de vencer aos pontevedreses pro 4-2 nun partido no que foron claramente superiores. Os de Redondela xogan na vindeira semana contra o seu rival máis inmediato, o Lavadores, un equipo que se atopa na segunda posición con tan só un punto de vantaxe. Está en xogo polo tanto o subcampionato desta Liga Galega.

Vitoria importante a acadada esta fin de semana polo Redondela Fútbol sala, xa que lles outorga aos xogadores un rédito de confianza para o partido que teñen na vindeira xornada contra o segundo clasificado, o Lavadores Transportes Arias.
Un partido disputado na bomboneira no que os xogadores do Redondela amosaron un xogo serio, dominando ao rival durante toda a primeira parte malia que a boa actuación do porteiro visitante e a falta de acerto dos xogadores locais impediron que subira ningún tanto ao marcador antes do descanso.
Coa segunda parte do encontro chegaron os cambios e en seis minutos Tizón, Manoliño e Jorge puxeron distancia no luminoso. Unha falta, cando restaban dous minutos para o final poría certa emoción co 3-1, pero nada máis sacar de centro Manoliño, o Redondela volvería poñer a distancia en tres goles. Xa co partido rematado, nun rebote nunha banda, os visitantes farían o seu segundo gol, co definitivo 4-2 no marcador.
Cos resultados da xornada e tras caer o Lavadores, o encontro da semana que ven cobra máis importancia, xa que o Redondela FS e o Lavadores están separados tan só por un punto estando en xogo a segunda posición, é dicir, o subcampionato desta Liga Galega que trae como premio xogar a tempada que ben Copa Xunta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará