Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por triplicar a taxa de alcohol permitida ao volante

RR_Noticias

Un pequeno sinistro de tráfico acabou na medianoite do sábado coa detención dun veciño de Redondela, J. R.A. de 54 anos de idade logo de dar positivo na proba de alcoholemia que deu como resultado 0,80, o que supón máis do triple do permitido. A policía local procedeu a súa detención e traslado á Comisaría.

Os feitos producíronse as doce da medianoite do sábado cando se producía unha pequena colisión entre dous vehículos, un Audi e un Renault, na Avenida Mendiño. Foi o condutor do primeiro vehículo, un veciño de Redondela de 29 anos de idade, o que chamaba á Policía Local alertando de que outro turismo acababa de levarse pro diante o seu espello retrovisor. Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que o condutor do Renault presentaba evidentes signos de embriaguez polo que procederon a realizarlle a proba da alcoholemia, dando como resultado 0,80, o triple do permitido ao volante.
O home J.R.A. de 54 anos de idade foi detido e trasladado á comisaría da Policía Nacional.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará