Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A camelia vive a súa festa en Soutomaior

RR_Noticias

O Castelo de Soutomaior acolle esta fin de semana a XIV edición do certame da camelia que reunirá a máis de 50 cultivadores. Non faltarán ademais as composicións escolares e a colaboración dos comerciantes que empregan camelias para adornan os seus escaparates. A mostra poderá visitarse a partir do sábado pola tarde e o domingo durante todo o día. A entrega de premios levarase a cabo o domingo ás 18:00 h.

Unha oportunidade única para visitar o Castelo de xeito gratuíto aproveitando esta exposición tan primaveral. E un ano máis, os concursantes optarán aos diferentes premios nos apartados de mellor flor e mellor composición artística, onde hai cultivadores que amosan unha enorme orixinalidade. Unha nova edición os días 22 e 23 coa presencia de centos de persoas que poderán coñecer na fin de semana ás diferentes especies de camelia e que se celebra logo de que días atrás os congresistas participantes no Congreso Internacional da Camelia celebrado en Pontevedra visitasen os xardíns do Castelo para gozar da colección de camelias que nestes momentos está en plena floración. Así, ademais da variedade e cantidade de camelias que posúe os xardíns contan con 1.085 plantas que se distribúen ao longo e ancho das 35 hectáreas de terreo do Parque Botánico e entre as que se atopan algunhas das especies máis singulares de Galicia, así como numerosas especies exóticas procedentes dos máis variados climas do mundo e que están perfectamente adaptadas a Soutomaior.  

Dolores Cernadas edil de cultura
Fálanos do programa da fin de semana
Congreso da camelia
Centos de congresistas visitaban os xardíns do Castelo días atrás
Centos de afeccionados
Salienta o mimo co que tratan ás flores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará