Hoxe é Venres 18 de Xuño de 2021

Arranca unha campaña nas parroquias para mellorar a reciclaxe dos residuos domésticos

RR_Noticias

A empresa Urbaser e o Concello desenvolverán un programa de charlas nas parroquias co obxectivo de mellorar a correcta clasificación dos residuos domésticos que xeran os fogares e o seu posterior depósito nos colectores específicos. O obxectivo da campaña, que arranca este xoves en Saxamonde, é “facilitar a súa posterior reciclaxe, protexer o medio ambiente e non incrementar o custo do tratamento dos residuos do Concello”.

Uns obxectivos que o Concelleiro de medio ambiente, Miguel Angel Alvarez Ballesteros, considera prioritarios de cara a diminuír os custes que para os veciños lles supón a recollida do lixo xa que “canto menos se recicle máis hai que pagar a Sogama polo tratamento dos residuos”. E malia que os redondeláns se atopan entre os que máis plásticos reciclan, aínda queda moito por facer para evitar que cascallos ou restos de poda e xardinería acaben no colector verde ou que todo o que depositemos no colector de papel sexa susceptible de se reciclar. Para corrixir erros ou malos usos, as charlas que van percorrer as parroquias terán un carácter eminentemente práctico con consellos encamiñados a facilitar que cada material acabe no colector axeitado. Incidirase tamén na reutilización e na elaboración de compostaxe doméstico cunha nova técnica coñecida como verme-compostaxe. Farase tamén fincapé na necesidade de reciclar o aceite usado en cociña co obxectivo de acabar coa costume de tirar este aceite de uso doméstico polo vertedoiro. A primeira das charlas será este xoves ás 20:00 horas no Centro Cultural Chan das Pipas en Saxamonde. E o venres 21, as 19.00 horas, no Círculo Cultural e Recreativo de Cesantes.  

Miguel Angel Alvarez Ballesteros edil de medio ambiente
Explica cales son os obxectivos que persegue esta campaña
Verme-compostaxe
Sesión prácticas nas que se corrixirán erros
Reciclar aceites
Unha das asignaturas pendentes

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *