Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castro Chapela apura todas as súas opcións e buscará a vitoria no derbi co Teucro

RR_Noticias

Con 14 puntos en xogo ata que remate a liga da División de Honra Prata, os de Fran Teixeira seguen con opcións de evitar a fase de ascenso. Logo da importante vitoria da pasada semana sobre o Pozoblanco, este sábado mídense ao Teucro. O obxectivo é sacar algo positivo nun partido no que contarán co apoio dos seus seareiros, que se desprazarán a Pontevedra para o derbi.

O Chapela logrou a pasada fin de semana unha vitoria imprescindible para o obxectivo de evitar a promoción de descenso a Primeira Nacional, xa que se impuxo ao Pozoblanco. Agora o equipo cordobés, que é o que marca a salvación, está tres puntos por riba dos de Fran Teixeira. O técnico do Chapela está convencido de que “loitarán ata o final” nunha liga que está a ser “moi competitiva” para acadar o obxectivo da permanencia. Quedan sete xornadas e o adestrador confía no traballo semanal dos seus xogadores para ir avanzando “partido a partido”. A súa próxima meta é o derbi co Teucro, o sábado ás 20.00 horas no Pavillón Municipal de Pontevedra. Os de Javier Barrios son un rival complicado, que segue na loita pola fase de ascenso, e que a pasada xornada perdeu por un gol co Benidorm, segundo na táboa. Os redondeláns, malia xogar fóra, agradecen que sexa un desprazamento curto, xa que deste xeito o técnico poderá contar con todos os seus efectivos. De seguro que contarán tamén co apoio dos seus seguidores, que se desprazarán á cidade do Lérez para arroupar ó equipo de Chapela neste transcendental choque.  

Fran Teixeira adestrador
O equipo ten opcións de evitar a promoción de descenso.
Teucro-Castro Chapela
Importante derbi ante un rival de alto nivel que loita polo play off de ascenso.
Apoio dos seareiros
Teixeira agarda contar co apoio da afección de Chapela no partido de Pontevedra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará