Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Eli Ríos gaña o II Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía de Fornelos

RR_Noticias

O xurado, formado pola presidenta da Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe, Carmen Carreiro, Mercedes Queixas Zas, Luís Cochón Touriño e máis Armando Requeixo decidiron outorgar por unanimidade o galardón ao traballo que baixo o título de Anamnese presentou a poeta Eli Ríos. En total presentáronse corenta traballos.

Elisabet Ríos Liste (1967), máis coñecida como Eli Ríos, poeta radicada na Coruña ten publicado xa varios títulos que foron merecedores de diferentes galardóns. Anamnese vén sumarse, pois, a unha importante lista de obras galardoadas que confirman a Eli Ríos como unha das voces máis presentes da actualidade poética galega.
O xurado do certame patrocinado polo Concello de Fornelos de Montes (terra natal do autor que lle dá nome), salienta do poemario co que Eli Ríos se fixo acredora do II Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía “a súa capacidade para a elaboración dunha linguaxe nova coa que comunicar un vizoso mundo creativo onde se procura abrir o discurso poético a rexistros alternativos que beben de moi diversas fontes”. Tamén pola súa mestura na que “a revelación do cotián e as pegadas do amoroso conviven e establecen un diálogo coa escrita de múltiples autores tanto galegos coma foráneos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará