Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vías e obras arranxa o tramo da estrada á praia de Cesantes ampliado por Adif

RR_Noticias

Na mañá de hoxe comezaron os traballos de retranqueo na estrada á praia de Cesantes. O responsable de vía e obras, Cándido Vilaboa explicou que as obras de mellora prolongaranse un par de días e consistirán en cubrir e arranxar os tramos da estrada que no pasado verán foron ampliados polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).

Engade que non se trata dunha actuación integral de asfaltado en toda a estrada porque confía en que o Adif amplíe a estrada á praia da Punta noutros tramos co obxectivo de que ao longo de todo o vial poidan circular dous coches “unha actuación que podería realizarse xa no vindeiro verán e que viría completar o retranqueo realizado o pasado ano”.
Semanas atrás o responsable de vías e obras recoñecía o deterioro que presentaba esta estrada e aseguraba que o seu arranxo estaba pendente de que mellorara a situación meteorolóxica. Uns traballos que se iniciaron hoxe e que se realizarán en horario de mañá. Está previsto que a obra remate “nun par de días”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará