Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A consellería de Medio Ambiente licitará antes do verán a ampliación da ponte de Xulián

RR_Noticias

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas confirmou ó Concello de Redondela que o agardado proxecto de ampliación da estrada PO-250 sobre o río Alvedosa estará licitado antes do verán. Agustín Hernández avanzou que a obra conto cun orzamento superior ós 150.000 euros , e que estará rematada neste ano 2014.

Esta ampliación, tanto da estrutura para o tráfico rodado como das beirarrúas, mellorará a seguridade viaria tanto dos coches como dos peóns.Outro proxecto deste mesmo departamento e que tamén terá luz verde antes de xuño será a mellora tecnolóxica da depuradora de Redondela, que ten como un dos seus obxectivos a desodorización desta instalación.  

Agustín Hernández conselleiro de Medio Ambiente
A ampliación da ponte estará rematada antes de que remate este ano 2014.
Obras na depuradora
Os traballos de mellora na depuradora de Redondela licitaranse antes do verán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará