Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco vive o seu soño e non se pon límites

RR_Noticias

Acadado sobradamente o obxectivo da permanencia, aínda quedan moitas xornadas por diante para seguir soñando. Os de Jacobo Montes son sétimos na Terceira División, a tan só catro puntos dos postos que abren a porta a disputar o play off de ascenso. E non renuncian a nada. O seu próximo reto é gañar no campo do C. Areas.

O adestrador amósase máis que satisfeito cos resultados que está a obter o equipo, recentemente ascendido á categoría, e cuns números de vertixe que os converteron no equipo revelación da temporada. Logo da vitoria en Santa Mariña diante do Grixoa os redondeláns regresan ao bo camiño despois do tropezo no campo do Racing Vilalbés. O triunfo permítelles continuar na loita polos postos de privilexio da táboa de Terceira e desde o club non renuncian a nada. Para Montes é o momento dos xogadores, de que “vivan e gocen esta situación de privilexio”. Pero tamén deben seguir traballando con intensidade cada semana “para que este soño non teña límites”. Na próxima xornada visitan o campo do C. Areas, equipo afundido no pozo clasificación. Pero Montes non se fía, o rival reforzouse e ten a necesidade urxente dos puntos para saír dos postos de descenso.  

Jacobo Montes adestrador
No C.D. Choco non renuncian a nada e amósanse máis que satisfeitos cos resultados.
C. Areas- Choco
Malia estar nunha situación complicada da táboa Montes non se fía do rival.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará