Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova Igualdade convida ás mulleres de Redondela a inscribir o seu corpo no Rexistro

RR_Noticias

A cita é mañá mércores día 5 de ás 16:00 horas diante das oficinas doo Rexistro da Propiedade de Redondela, na avenida Ernestina Otero. A convocatoria forma parte da campaña que se está a desenvolver en diferentes vilas e cidades para manifestar con este acto simbólico o seu rexeitamento á reforma da actual lei do aborto que promove o goberno central.

Claudia Sánchez, de Anova Igualdade, anima ás mulleres Redondela a amosar así a súa oposición á citada reforma para deixar constancia de que as mulleres “teñen o dereito a decidir plenamente sobre o seu corpo”. Lembrou que é unha acción que se realizou noutras cidades e vilas galegas e españolas e celebrou que tamén se realice en Redondela. Previamente puxéronse en contacto co responsable do Rexisto da Propiedade da vila, onde se amosaron receptivos co acto reivindicativo, e a acto rexistral será de balde para todas as mulleres que desexen facelo. Desde Anova Igualdade confían en que esta campaña sexa “un golpe máis” contra a lei que promove o ministro Alberto Ruíz Gallardón ata que desapareza”, que xa conta co rexeitamento de todos grupos da oposición, e mesmo de membros do propio Partido Popular. Denuncian que se trata dunha medida “retrógrada”, o primeiro “paso atrás” que se dá en Europa logo de ter avanzou en dereitos da muller.  

Claudia Sánquez de Anova Igualdade
A campaña comezou en Madrid e trasladouse a diferentes cidades e vilas.
Rexistro en Redondela
A sorpresa inicial dos rexistradores convertiuse agora en colaboración como no caso da oficina de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará