Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de primeiros auxilios en Soutomaior

RR_Noticias

O Centro de información á Muller (CIM) de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición para un curso teórico práctico de Primeiros auxilios de 20 horas de duración que será impartido a partir do 18 de marzo por docentes do centro de formación da Cruz Vermella.
As clases impartiranse no edificio Multiusos de Arcade todos os martes ata o 8 de abril en horario de 10 a 12:30. O prezo é de 5 euros.

Os asistentes aprenderán técnicas de reanimación cardiopulmonar, cómo proceder ante hemorraxias, queimaduras ou traumatismos, así como outras técnicas necesarias para actuar de xeito correcto ante unha situación de perigo ou emerxencia. Ao finalizar o curso os alumnos terán que superar unha proba teórico-práctica para a obtención do diploma acreditativo de Primeiros auxilios básicos, expedido pola Cruz Vermella.
As clases impartiranse no edificio Multiusos de Arcade todos os martes ata o 8 de abril en horario de 10 a 12:30. O prezo é de 5 euros.
Tecnoadicción
Por outra banda, a Concellería de educación de Soutomaior organiza o 21 de marzo unha charla que baixo o título Tecnoadicción explicará aos asistentes que facer ante un fillo que pasa todo o día conectado ao teléfono, internet ou videoxogos co obxectivo de previr estas condutas aditivas. Unha charla que se desenvolverá no Multiusos de Arcade de 18,30 a 20,00 h
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará