Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE non sancionará ao edil Luís Orge, unha decisión que avalan a maioría dos veciños

RR_Noticias

A executiva local acepta as xustificacións do concelleiro para romper a disciplina de voto, e pon o acto como un exemplo de “democracia interna”. Unha decisión que ve con bos ollos unha boa parte da poboación de Redondela. Os veciños entenden que Orge valorou máis “os beneficios para o pobo que os do partido” ao permitir a aprobación dos orzamentos. Desta maneira non se perden os fondos FEDER para o Plan Marisma, que inclúe a construción dun pavillón, o paseo marítimo de Cesantes e o Centro de Día de Trasmañó.

A executiva local do PSOE de Redondela acordou onte por unanimidade non abrir un expediente ao seu concelleiro Luís Orge por romper a disciplina de voto no pleno do pasado martes, onde a súa abstención permitiu ao goberno local do Partido Popular aprobar os orzamentos para este ano. O seu secretario xera, Leonardo Cabaleiro, descartou calquera tipo de sanción pola decisión do edil no pleno extraordinario. Para Cabaleiro é “un acto de normalidade política” que demostra que no seu partido existe “democracia interna”. Respecto da situación na que queda o grupo municipal, Cabaleiro entende que sairán “fortalecidos”. Esta mesma opinión é a que comparten moitos veciños da vila que se manifestaron nos micrófonos de Radio Redondela. É o caso de Ferreira, quen subliña que Orge “actuou ben”, pensando no que sería mellor para a vila “e non para o seu partido”. Tamén Ana e Alejandro entenden que se trata dunha “boa decisión”, e que en democracia todos os concelleiros debería ter “liberdade de voto”. Outros, pola contra, non comparten a actuación de Orge, e entende que debería cumprir coa disciplina de partido. Maribel interpreta que a súa abstención é unha “traizón” aos seus compañeiros, malia que recoñece que a construción do pavillón é beneficioso para Redondela. Outros, como Amadeo, van máis aló e falan dunha “estratexia política” por parte do PP. Para este veciño a inclusión do Plan Marisma nos orzamentos foi “unha boa xogada” do grupo de Javier Bas para asegurarse de que PSOE “non deixara pasar” os fondos europeos. Interpreta que o papel xogado por Orge é o de “cabeza de turco”, e asegura que se AER votara abstención, todo o PSOE votaría en contra, xa que os orzamentos estarían igualmente aprobados. Dese o PSOE rexeitan facer esa lectura do sucedido, afirman estar en contra dos orzamentos, que cualifican de “antisociais”, e advirten que estarán moi atentos para que se executen “todas as actuacións do plan Marisma Máis”, xa que se trata dun proxecto impulsado polo anterior goberno bipartito (PSOE e BNG). Leonardo Cabaleiro tamén censurou ao goberno de Bas por sometelos a unha “chantaxe” ao vincular ese plan ás contas de 2014, candos as obras “xa tiñan que estar rematadas”. O orzamento aprobado polo pleno ascende a 16,6 millóns de euros, e inclúe o Plan Marisma Máis, que ascende a 1.847.866 euros e inclúe o novo pavillón de deportes na Marisma, o Centro de Día de Trasmañó e o paseo marítimo de Cesantes.  

Ferreira: "Fixo o mellor para Redondela"
Este veciño defende a actuación de Orge xa que permite construir o novo pavillón.
Ana: "os edís deben ter lierdade de voto"
Para esta veciña a actuación foi correcta xa que votou en conciencia
Maribel: "Foi unha traizón ao partido"
Esta veciña critica a actuación de Orge xa que entende que debería asumir a disciplina de partido.
Amadeo: "Foi unha boa estratexia do PP"
Amadeo afirma que o grupo de Bas introduciu o Plan Marisma nas contas para que o PSOE non llas tumbase.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará